- Tipoloxía
- Arquitectura relixiosa
- Lugar
- Capela
- Parroquia
- San Xens de Bamio
- Concello
- Vilagarcía de Arousa
É unha edificación moi sinxela e austera. Trátase dunha capela de planta rectangular realizada en cantaría e cachotaría, cunha pequena dependencia acaroada. A capela ten o seu acceso polo lado norte, o cal está composto por un pórtico-soportal formado por catro piares de pedra (dous a cada lado), unidos por un pequeno murete (de dúas fiadas de altura) e cara ao seu interior conta con bancos corridos. Este espazo posúe un solo de lousas de granito e unha cuberta de uralita.
O corpo principal do recinto relixioso foi realizado en cantaría na parte frontal, mentres que os laterais foron realizados en cachotaría. A fachada norte pódese dividir en dous corpos que están separados polo teito do pórtico-soportal. No corpo inferior localízase a porta de acceso, trátase dun vano alintelado no que se pode apreciar perfectamente a cantaría da construción. Por outra banda, a parte superior está recebada e pintada de branco, e no centro desta fachada ábrese un vano en forma de ollo de boi. A cabeceira é plana e conta cun pequeno vano de forma circular.
Posúe unha cuberta a dúas augas realizada en uralita. Sobre a fachada principal érguese unha pequena estrutura de ferro, composta por catro columnas que se unen na parte superior para rematar nunha cruz latina. Esta estrutura é o lugar onde se albergaba a campá, aínda que na actualidade carece da mesma.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Vilagarcía de Arousa, aprobado o 2 de abril de 2000
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Vilagarcía de Arousa (21 PHA)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.629117, -8.757844
Máis elementos do catálogo
Arquitectura relixiosa
San Xoán Vello de Bamio
Vilagarcía de Arousa, San Xens de Bamio
Arquitectura relixiosa
Igrexa de San Xens de Bamio
Vilagarcía de Arousa, San Xens de Bamio
Arquitectura relixiosa
O Campanario
Vilagarcía de Arousa, San Xens de Bamio