Saltar ao contido principal

Pedra do Encanto

Pedra do Encanto - Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio
Imaxe: Megaliticia
Outras denominacións
Laxe Grande de Meadelo
Tipoloxía
Arqueoloxía
Cronoloxía
Idade do Bronce
Lugar
O Salgueiral
Parroquia
San Xens de Bamio

A Pedra do Encanto ou Gran Laxe de Meadelo é o nome dunha rocha enchida de petróglifos no Salgueiral, localizada a uns 120 metros da Torre do Meadelo. Recollida na historiografía erudita desde principios de século, por autores como Hugo Obermaier ou Fermín Bouza Brey, nunca foi totalmente esquecida. A cantidade de lendas fixadas na memoria oral alusivas a esta pedra, falan da importancia desta pedra, paisaxe mítica do lugar:

Do Monte Lobeira á Pedra do Encanto,

hai unha mina de sete reinados,

sete de ouro, sete de prata,

sete de veleno que mata.

Xa a comezos de século XX, cando a construción da estrada a Catoira, a pedra foi partida, a pesares do interese dalgúns estudosos da época. E así segue máis de cen anos despois, partida ao carón da estrada.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Vilagarcía de Arousa, aprobado o 2 de abril de 2000

Patrimonio Galego

A pedra do Encanto

Megaliticia

Universidade de Vigo

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Vilagarcía de Arousa (4 PHA/20PHA-GA36060004)

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.621920, -8.768089

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo