Saltar ao contido principal

Petróglifo dos Ballotes

Petróglifo dos Ballotes - Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio
Imaxe: Megaliticia
Tipoloxía
Arqueoloxía
Cronoloxía
Idade do Bronce
Lugar
O Salgueiral
Parroquia
San Xens de Bamio

Os Ballotes son uns dos máis coñecidos e estudados petróglifos de Galicia desde comezos do século XX. Ademais, dado o seu pronto descubrimento e o seu interese, é unha das estacións de arte rupestre máis citadas pola bibliografía. Foi repetidamente citado nas sínteses de numerosos autores, e visitado a principios e mediados de século por numerosos investigadores ilustres.

O conxunto de petróglifos dos Ballotes está situado na franxa litoral do interior da Ría de Arousa, nunha zona cunha forte inclinación cara ao oeste, cun bo dominio visual da ría e a banda litoral. Nesta zona atópanse numerosos petróglifos cunha gran variedade de gravados xeométricos e con figuras de animais realizados sobre un conxunto de 15 rochas de granito, que foron organizadas ou catalogadas, en sete xacementos a partir dos traballos arqueolóxicos de 2009.

Entre os gravados figurativos presentes nestes petróglifos, pódense admirar unha gran cantidade e variedade de animais (chamadas figuras zoomorfas), entre os que destacan os cérvidos. Tamén hai escenas de animais en actitude de berregar, e composicións nas que os cuadrúpedes ordénanse de forma lineal; outras de cervos arrastrando posibles discos solares, e tamén, existe unha na que podería representarse unha escena de equitación.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Vilagarcía de Arousa, aprobado o 2 de abril de 2000

Patrimonio Galego

A pedra do Encanto

Megaliticia

revista eSmás

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Vilagarcía de Arousa (3 PHA- GA36060003)

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.622899, -8.766010

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo