Saltar ao contido principal

Ponte de Valga

Ponte de Valga - Valga - San Miguel de Valga
Tipoloxía
Obra civil
Cronoloxía
Século XVI-XVIII
Lugar
Ponte Valga
Concello
Valga

Ponte que dá nome á capital do Concello de Valga e que sería construída durante a execución do trazado da estrada que une Santiago e Pontevedra, coa finalidade de salvar ao río Valga. Probablemente construída na mesmo momento en que se fixo o Legoario de Valga, situado na Tarroeira. Co Real Decreto de 1761 deu comezo á construción dunha rede de camiños que partían de Madrid e comunicaban distintas poboacións. Con toda probabilidade foi erixido cando a construción da rede de estradas nas derradeiras décadas do século XVIII, cando o Arcebispo Malvar ordenou en 1790 construír a estrada Santiago-Pontevedra, iniciándose no 1763 a construción dos trazados en Galicia.

Nas últimas obras de ampliación da N-550 produciuse un engrosamento da estrada, polo que a pedra orixinal que conformaba a ponte non está á vista. Actualmente un chapado de pedra reviste á ponte, quedando oculta para sempre a estrutura da ponte primixenia.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Valga Today

Protección

Non

Coordenadas (WGS84)

42.698327, -8.648610

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo