- Tipoloxía
- Obra civil
- Cronoloxía
- Século XVI-XVIII
- Lugar
- Tarroeira
- Parroquia
- San Miguel de Valga
- Concello
- Valga
Por un Real Decreto de 1761 deu comezo a construción dunha rede de camiños que partían de Madrid e comunicaban distintas poboacións. En 1763 iníciase a construción dos trazados en Galicia. Os legoarios marcaban as distancias en légoas entre as principais poboacións. Cada legoario debería estar colocado cada 6,687 quilómetros.
Construído en granito de forma paralelepípeda. Presenta unha base cúbica e un remate en pirámide. Está na estrada que une Santiago e Pontevedra, marcando unha das légoas. Con toda probabilidade foi erixido cando a construción da rede de estradas nas derradeiras décadas do século XVIII, cando o Arcebispo Malvar ordenou en 1790 construír a estrada Santiago-Pontevedra.
O seu emprazamento actual non é o orixinal, posto que foi movido fai anos para a contrución de beirarrúas. As súas pezas non foron colocadas de xeito orixinal. Presenta unha inscrición. Na actual N-550, xunto con este legoario, consérvanse cinco máis en Carracedo (Caldas de Reis), Tibo (Caldas de Reis), Perdecanai (Barro), Cerponzóns (Pontevedra) e Cañoteira (Vilaboa), algúns deles con reloxo de sol.
Referencias
Protección
Non
Coordenadas (WGS84)
42.704454, -8.649763
Máis elementos do catálogo
Obra civil
Pombal de Cimadevila
Valga, San Miguel de Valga
Obra civil
Palco da música de Setecoros
Valga, San Salvador de Setecoros
Obra civil
Reloxo de sol da Igrexa de Santa Comba de Louro
Valga, Santa Comba de Cordeiro