- Tipoloxía
- Espazos naturais
- Lugar
- Río Ulla
- Parroquia
- Santa Comba de Cordeiro
- Concello
- Valga
O Sistema Fluvial Ulla-Deza (Rede Natura 2000) está formado polo río Ulla e as áreas húmidas lindeiras: as Brañas de Laíño e as Veigas de Campaña e Cordeiro. Presenta unha grande variedade de comunidades vexetais adaptadas ao distintos graos de salinidade, como son carrizos, xuncos ou pasteiros. Tamén se atopan diferentes especies de bosque de ribeira, como ameneiros, salgueiros ou freixos. Segundo o Anexo I da Directiva 92/43/CEE, dentro do Sistema Fluvial Ulla-Deza, pódense atopar os seguintes hábitats:
- Matogueiras arborescentes de Laurus nobilis.
- Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea.
- Bosques de encostas, desprendementos ou barrancos do Tilio-Acerion.
- Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae).
Entre as numerosas especies de fauna, merecen ser destacadas a existencia da lamprea de mar ou do mexillón de río.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Valga (EN-01)
Decisión da Comisión do 7 de decembro de 2004 - LIC (Lugar de Interese Comunitario)
Decreto 37/2014 - ZEC (Zona Especial de Conservación)
Decreto 37/2014 - Rede Natura 2000
Real Decreto 103/2003 - Espazo Natural do Plan Hidrolóxico Galicia Costa
Coordenadas (WGS84)
42.705646, -8.718797
Máis elementos do catálogo
Espazos naturais
Fervenza de Raxoi
Valga, San Miguel de Valga
Espazos naturais
Insua da Pomba
Valga, Santa Comba de Cordeiro
Espazos naturais
Veigas de Campaña e Cordeiro
Valga, Santa Cristina de Campaña