Saltar ao contido principal

Veigas de Campaña e Cordeiro

Veigas de Campaña e Cordeiro - Valga
Imaxe: Javier Figueroa Iglesias
Outras denominacións
Brañas de Campaña e Cordeiro
Tipoloxía
Espazos naturais
Lugar
Campaña e Cordeiro
Concello
Valga

Este espazo forma, xunto coas Brañas de Laíño de Dodro, unha das zonas húmidas máis grandes de Galicia, cunha riqueza medioambiental de primeira magnitude, protexida pola Rede Natura 2000 (Sistema Fluvial Ulla-Deza). Teñen unha importante variedade de flora e fauna presentando exemplares en perigo de extinción e endemismos da Península Ibérica como o Emberiza shoeniclus subsp. lusitanica. Nas súas xunqueiras, carrizos e pasteiros nidifican moitas aves como a folosa acuática (Acrocephalus paludicola), a garza, a aguia perdiceira, o gabián, o vichelocrego ou o cardeal. En canto á vexetación atopamos Thalictrum speciosissimun da que só existen dúas citas na provincia da Coruña, Scirpus pungens, variedade de xunco da que apenas quedan exemplares, herba salgueira, ulmaria, lirios, frundio, mentas e diferentes especies de orquídeas.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Protección

Decisión da Comisión do 7 de decembro de 2004 - LIC (Lugar de Interese Comunitario)

Decreto 37/2014 - ZEC (Zona Especial de Conservación)

Decreto 37/2014 - Rede Natura 2000

Real Decreto 103/2003 - Espazo Natural do Plan Hidrolóxico Galicia Costa

Coordenadas (WGS84)

42.708877, -8.682228

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo