Saltar ao contido principal

Peto de ánimas do Pino

Peto de ánimas do Pino - Valga - San Salvador de Setecoros
Lugar
O Pino
Concello
Valga

Monumento elaborado principalmente en pedra de cantaría, con certos complementos metálicos. Rodeado dun peche exterior. O pedestal estrutúrase a xeito de macizo piar de sección cuadrangular sobre plinto basal. Está estruturado en tres bloques. O superior posúe o peto para as esmolas. O retablo de ánimas adoita un feitío harmónico e polimorfo, a xeito de crecente inferior sobre se superpón un lenzo rectangular rematado en frontón ou voadizo curvo de cornixa. A nivel xeral trátase dunha obra de moi boa labra.

A partir do Concilio de Trento, no século XVI, reforzouse a idea do purgatorio. Proba desta revitalización na crenza dun paso intermedio previo a chegar ao ceo, é a construción dos petos de ánimas. A finalidade destes é que os vivos, por medio de esmolas, contribúan á salvación das almas que purgan os seus pecados no purgatorio e alcance a felicidade no ceo.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Patrimonio Galego

Protección

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-302)

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.678234, -8.640645

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo