- Tipoloxía
- Elementos relixiosos
- Cronoloxía
- 1677
- Lugar
- Campo
- Parroquia
- Santa María de Xanza
- Concello
- Valga
Localizado no campo da festa, xunto ao palco da música e a Escola de Xanza. Cruceiro con pousadoiro e baseamento de planta cuadrangular desenrolada en catro chanzos. O pedestal é de feitío cúbico e aparece epigrafiado mediante gravura nos catro lados. Varal monolítico cunha estruturación relativamente complexa á maneira dunha columna sobre unha base moldurada de sección cuadrangular. Capitel troncopiramidal invertido con colariño. Cruz de tipo latino, con sección oitavada. Ao anverso presenta a escena da Crucifixión e o reverso a escena da Piedade da Virxe co Neno morto no colo.
Referencias
PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
Protección
PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-505)
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico
Coordenadas (WGS84)
42.692158, -8.650225
Máis elementos do catálogo
Elementos relixiosos
Cruceiro de Casanova
Valga, Santa Comba de Cordeiro
Elementos relixiosos
Cruceiro de Cerneira
Valga, San Salvador de Setecoros
Elementos relixiosos
Cruceiro da Casa do Sisto
Valga, Santa María de Xanza