Saltar ao contido principal

Cruceiro de Cerneira

Cruceiro de Cerneira - Valga - San Salvador de Setecoros
Imaxe: Concello de Valga
Cronoloxía
1670
Lugar
Cerneira
Concello
Valga

Cruceiro do tipo de crucifixo, con baseamento de planta octogonal composto por cinco chanzos. Pedestal pseudocúbico, de planta octogonal e con inscricións. Varal con base de sección cuadrangular e desenrolo a modo de corpo cilíndrico e estriado. Capitel de feitío cúbico sobre colariño curvo. Cruz moi alterada xa que carece da cabeceira e dos cabos do brazo menor. Do anverso orixinal só se conserva o tronco da figura de Cristo. O reverso mostra unha Piedade. Trátase do cruceiro máis antigo de Valga.

Foi restaurado no ano 2023, nunhas obras promovidas polo Concello de Valga, nas que se desmontou a parte escultórica para eliminar o cemento que recubría algunhas zonas. Tamén se revisaron e cambiaron as unións entre pezas, que estaban feitas con cinchas e cravos de ferro que se atopaban oxidados. En substitución destes colocouse unha nova vara central de fibra de vidro para reforzar a unión entre a cruz e o varal. Na planta tamén se eliminaron e sanearon as xuntas de cemento, substituíndo este material por morteiro tradicional a base de cal dunha tonalidade similar á pedra orixinal.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Cruceiros de Galicia

Concello de Valga

La Voz de Galicia

Protección

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-317)

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.677138, -8.660996

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo