Saltar ao contido principal

Cruceiro do Reguengo

Cruceiro do Reguengo - Valga - San Salvador de Setecoros
Cronoloxía
1718
Lugar
Reguengo
Concello
Valga

Baseamento de planta rectangular formado por tres chazos, un deles soterrado. Pedestal cúbico con inscricións e moldura toroidal no cumio. Varal monolítico, de sección cuadrangular na base e desenrolo oitavado mediante rebaixe das arestas. A media altura, no anverso, mostra a imaxe dun santiño sobre unha peaña. O capitel marca o seu arranque cun colariño octogonal. A desaparecida cruz era latina, de sección octogonal e cabos florenzados. No anverso existía unha Crucifixión e no reverso a imaxe da Virxe do Carme.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Cruceiros de Galicia

Protección

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-312)

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.669741, -8.656773

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo