- Tipoloxía
- Elementos relixiosos
- Cronoloxía
- 1907
- Lugar
- Carballa
- Parroquia
- Santa Comba de Cordeiro
- Concello
- Valga
Baseamento de planta cuadrangular composto por catro gradas de bloques graníticos. Pedestal de feitío pseudocúbico. Varal granítico con arranque de sección cuadrangular e desenrolo oitavado por rebaixe das arestas. Capitel de morfoloxía cilíndrica na parte inferior e troncopiramidal invertida na superior. Cruz de cemento, de morfoloxía latina, de sección oitavada. Anverso coa escena da Crucifixión e reverso amosando á Virxe de pé, sobre peaña de sección circular.
Referencias
PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
Protección
PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-211)
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico
Coordenadas (WGS84)
42.699603, -8.684975
Máis elementos do catálogo
Elementos relixiosos
Cruceiro de Balleas
Valga, Santa Comba de Cordeiro
Elementos relixiosos
Cruceiro do Coto
Valga, Santa Cristina de Campaña
Elementos relixiosos
Calvario da Igrexa de San Miguel de Valga
Valga, San Miguel de Valga