Saltar ao contido principal

Cruceiro de Montecelo

Cruceiro de Montecelo - Valga - Santa Comba de Cordeiro
Imaxe: José Alberto Solla Barreiro
Lugar
Beiro
Concello
Valga

Atópase nun pequeno outeiro ao carón da Igrexa de Santa Comba de Louro, dende onde se ten un amplo dominio visual sobre a contorna. Baseamento de planta octogonal de tres gradas. O pedestal é un volume achaparrado de sección octogonal. Atópase decorado. Varal monolítico, cunha base de planta cuadrangular e corpo cilíndrico estriado. Capitel de feitío pseudocúbico. Cruz latina, de sección cuadrangular. No anverso preséntase a escena da Crucifixión e no reverso unha Piedade.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Cruceiros de Galicia

Protección

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-225)

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.693197, -8.683583

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo