Saltar ao contido principal

Cruceiro da Tarroeira

Cruceiro da Tarroeira - Valga - San Miguel de Valga
Imaxe: Cruceiros de Galicia
Cronoloxía
Século XIX
Lugar
Tarroeira
Concello
Valga

Elaborado en cemento e pedra de cantería, con aditamento metálico. Aséntase sobre unha plataforma de cemento de planta cadrada. Baseamento en dous corpos de granito. Pedestal cúbico cunha cartela rectangular en cada fronte. Varal monolítico, de sección cuadrangular e superficie lisa. O capitel adopta morfoloxía cúbica enmarcada por colariño e ábacos rectos. Sobrecapitel a xeito de moldura con remate recto moi saído. A cruz é latina de brazos rectos, cabos lisos e sección cadrada, rematada na fronte do pau maior por unha cartela moi oxidada cravada ao mastro. No anverso observamos a Crucifixión. O reverso presenta a Inmaculada.

Trátase dun cruceiro conmemorativo dunha misión levada a cabo no ano 1896.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Cruceiros de Galicia

Protección

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-404)

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.705055, -8.649548

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo