Saltar ao contido principal

Cruceiro Nº 1 de Vilarello

Cruceiro Nº 1 de Vilarello - Valga - Santa Comba de Cordeiro
Imaxe: Concello de Valga
Lugar
Vilarello
Concello
Valga

Cruceiro localizado nun cruzamento de camiños na aldea de Vilarello.

O varal, de 2,2 metros de altura, ten un arranque de sección cuadrangular e desenrolo oitavado por rebaixe das arestas laterais. Nesta columna ten esculpida unha figura masculina vestida con hábito que, segundo algunhas fontes, podería representar a un Santiago Peregrino e, segundo outras, a Santo Antonio Abade. O varal asenta sobre un pedestal, cúbico e achatado, que se atopa enterrado no asfalto e sobresae 15 centímetros do solo.

Foi restaurado en 2024 polo Concello de Valga, a cargo da  a cargo da restauradora Ana Sánchez Calzada, o canteiro David Soengas e o historiador Luis Enrique Rodríguez. Os traballos, que se financiaron cunha subvención da Deputación de Pontevedra, incluíron unha primeira fase de limpeza, retirando depósitos superficiais de terra e as colonias biolóxicas indesexadas, mediante espátulas, cepillos e outras ferramentas de xardinaría. Tamén se aplicou un tratamento biocida para evitar colonizacións posteriores. Por último, realizouse un lavado de toda a superficie da pedra con auga nebulizada.

A segunda fase consistiu na restauración propiamente dita do cruceiro, para o que se endereitou o varal e se reconstruíron, con granito, o capitel e a cruz seguindo as directrices marcadas pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta. Trátase de pezas lisas, sen ningún tipo de ornamentación.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Cruceiros de Galicia

Concello de Valga

Diario de Arousa

Protección

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-220)

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.699103, -8.705155

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo