- Outras denominacións
- Cruceiro de Cordeiro
- Tipoloxía
- Elementos relixiosos
- Lugar
- Vilarello
- Parroquia
- Santa Comba de Cordeiro
- Concello
- Valga
Sitúase enriba dunha rocha granítica de considerables dimensións localizada á beira do río Ulla. Forma parte dos cruceiros xacobeos, marcando un fito na ruta fluvial a Compostela. O baseamento é, por tanto, a propia rocha. O pedestal é de feitío cúbico. O varal ten sección cuadrangular no arranque, con desenrolo oitavado por rebaixe das arestas. Ensánchase para recibir o capitel xeométrico de tripla moldura. Na parte superior recupera a sección cuadrangular. Cruz de feitío latino. No anverso presenta unha Crucifixión e no reverso unha Virxe singularmente fermosa de formas neogóticas.
Foi restaurado en 2025 polo Concello de Valga, a cargo da a cargo do canteiro David Soengas, a restauradora Ana Sánchez e o auxiliar Luis Enrique Rodríguez. Retiraron a cruz para traballar sobre ela e o capitel no que se apoia e interviñeron directamente na zona da fisura, realizando recheos con resina epoxi para consolidar e unir os espazos baleiros. Para reforzar a unión tamén se introduciu unha varilla corrugada.
Para finalizar, reintegráronse as xuntas da fisura con morteiro de cal de cor similar ao da pedra orixinal. Outra das actuacións que se levaron a cabo foi a restauración da cabeza da columna, tras detectarse unha antiga rotura do capitel en dous fragmentos. Empregouse tamén resina epoxi e colocáronse un arame de latón, varias grampas e unha peza en forma de “U” como reforzo.
Unha vez recolocada a cruz no seu emprazamento, levouse a cabo a última intervención que consistiu na eliminación das biocolonizacións. A limpeza de toda a superficie realizouse con cepillos e brochas suaves para retirar os depósitos de terra e biolóxicos indesexados e, posteriormente, aplicouse un tratamento biocida para eliminar esporas que favorezan posteriores colonizacións.
Referencias
PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
Guía de Cruceiros Xacobeos no Camiño do Mar de Arousa e Ulla
Protección
PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-222)
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico
Censo do Patrimonio Marítimo Inmoble de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.706473, -8.706485
Máis elementos do catálogo
Elementos relixiosos
Cruceiro da Igrexa de Santa Comba de Louro
Valga, Santa Comba de Cordeiro
Elementos relixiosos
Cruceiro da Capela da Virxe da Saúde
Valga, San Salvador de Setecoros
Elementos relixiosos
Cruceiro de Casanova
Valga, Santa Comba de Cordeiro