Saltar ao contido principal

Cruceiro da Capela da Virxe da Saúde

Cruceiro da Capela da Virxe da Saúde - Valga - San Salvador de Setecoros
Cronoloxía
Século XIX
Lugar
Casal de Eirigo
Concello
Valga

Baseamento de planta rectangular composto por dous chanzos, ao carón da Capela da Virxe da Saúde. O pedestal cúbico contén un oco de planta cuadrangular para un peto de ánimas, do cal unicamente se conserva o retablo integrado no fuste. O varal, estruturado en dous módulos, ten planta cuadrangular na base e desenrolo oitavado mediante o rebaixe das arestas laterais. Na base atopamos polo anverso o retablo de ánimas rectangular. Capitel sinxelo de tipo xeométrico, con feitío troncopiramidal invertido e rematado nun amplo bloque cúbico, moi achatado. A cruz é latina sen figuracións.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Patrimonio Galego

Cruceiros de Galicia

Protección

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-309)

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.668973, -8.630540

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo