- Tipoloxía
- Arquitectura industrial
- Cronoloxía
- 1927
- Lugar
- Caneiras
- Parroquia
- Santa Cristina de Campaña
- Concello
- Valga
No 1927 a Cerámica de Campaña (Novo y Sierrra) construía un moderno sistema Bleichert funicular de trasporte aéreo para a arxila que se extraía da Mina Mercedes, así como os materiais cerámicos que se producían na factoría, até o Embarcadoiro de Caneiras de carga e descarga no río Ulla.
As boas condicións de transporte son esenciais nunha industria que produce unha mercadoría voluminosa e pesada, polo que as cerámicas localízanse sempre en lugares que, ademais de próximos ás barreiras das que obteñen as arxilas, estean nas inmediacións dunha estación ferroviaria ou onde poda construírse un embarcadoiro para empregar a vía marítima. A fábrica de Campaña, ademais de contar en Pontecesures co embarcadoiro e coa estación do ferrocarril de Santiago a Pontevedra, en 1927 vai construír un embarcadoiro e esta liña de transporte aéreo de vagonetas de algo máis de oitocentos metros até a fábrica, para non ter que carretar o ladrillo e a arxila os case tres quilómetros que a separan de Pontecesures.
A recente instalación dun embarcadoiro para o amarre de catamaráns e embarcacións turísticas soterrou os restos do Embarcadoiro de Caneiras orixinal. Ademais, existe un proxecto para a construción (que non rehabilitación!) dun "teleférico" co obxectivo de ofrecer unha “vista aérea” da zona. É tamén salientable, ademais de que o orzamento de execución sexa duns catro millóns de euros, que unha vez conseguida a declaración de BIC (Ben de Interese Cultural), se pretenda transformar estes elementos do patrimonio industrial nun "teleférico". Segundo o Comité Internacional para a Conservación do Patrimonio Industrial pertencente á ICOMOS, o patrimonio industrial "debe protexerse completamente e non se debe permitir ningunha intervención que comprometa a súa integridade histórica ou a autenticidade da súa armazón".
Referencias
Ruta das telleiras e da cerámica do Baixo Ulla
Buxa (Asociación Galega do Patrimonio Industrial)
Laboratorio de Tecnoloxías Apropiadas
Fernández Palicio, A. As Telleiras de Valga e comarca e as fábricas de cerámica (1850-1965)
Tejas rotas al final del río | El País
Protección
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Coordenadas (WGS84)
42.710900, -8.675975
Máis elementos do catálogo
Arquitectura industrial
Telleira da Torre
Valga, Santa Cristina de Campaña
Arquitectura industrial
Telleira de Vilarello
Valga, Santa Comba de Cordeiro
Arquitectura industrial
Telleira da Devesa
Valga, Santa Cristina de Campaña