Saltar ao contido principal

Telleira da Torre

Telleira da Torre - Valga - Santa Cristina de Campaña
Imaxe: Alejandro Fernández Palicio
Outras denominacións
Finca O Telleiro
Lugar
A Torre
Concello
Valga

Telleira hoxe desaparecida que se localizaba nos terreos situados ao carón do bar A Casa Vella, no lugar da Torre.

Existiu nesta finca un forno de cocer tella. O forno dá nome á parcela que o albergou, Finca O Telleiro. Do forno non quedan restos e ninguén se lembra de cando funcionaba. O terreo está aínda hoxe cheo de anacos de tellas, tal como contan os veciños que traballan esta veiga. Esta telleira debeu funcionar por última vez co telleiro Manuel Duro Meis entre os anos 1890 e 1892, segundo se indica na matrícula industrial.

Pola súa proximidade á Devesa, suponse que a barreira que servía a esta telleira estaría situada na mesma área que a da Telleira de Devesa.

Tiña un forno de menos de 10 metros cúbicos de capacidade.

A telleira pagaba unha renda en 1891 de 8,26 reais. En 1892 foi de 7,29 pesetas.

Máis elementos do catálogo