Saltar ao contido principal

Corgo do Castelo

Corgo do Castelo - Valga - San Miguel de Valga
Lugar
Castelo
Concello
Valga

Nuns apuntes de García Alén gardados no Museo de Pontevedra, recóllese a tradición oral relacionada co Castelo da Medela, no que se dicía que: “A unos cien metros hay un sitio del que sacaron piedra de un agujero en el que, según la leyenda bailaba una moura”. Probablemente o burato do que falaba García Alén era este corgo.

Presenta forma rectangular, construído con bloques de granito asentados en seco. Ten unhas dimensións de 18 metros no sentido norte-sur e un ancho de 5 metros. Recolle a auga do río mediante unha pequena represa tamén de pedra.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Protección

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (CP-445)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.688050, -8.640257

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo