Saltar ao contido principal

Muíño dos Neira

Muíño dos Neira - Valga - Santa María de Xanza
Outras denominacións
Muíño do Agro da Señora
Lugar
Pedras Rubias
Concello
Valga

Na ribeira leste do río Valga, trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotaría granítica asentada en seco, aínda que as xuntas das paredes anteriores están cementadas. Actualmente carece da canella, aínda que son visibles restos dun grande cano de formigón partido. Presenta varias cruces gravadas nas faces exteriores das padieiras da porta e no canto interior da dereita. Ademais, nesta última lese con certa facilidade “PACO” insculturado.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Protección

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (CP-514)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.682226, -8.636167

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo