- Outras denominacións
- Pazo de Neira
- Tipoloxía
- Arquitectura civil
- Cronoloxía
- Século XVIII-XIX
- Lugar
- Raxoi
- Parroquia
- San Miguel de Valga
- Concello
- Valga
A finca na que se empraza está limitada ao leste pola autoestrada AP-9. As edificación sitúanse na parte alta da finca, próximas á estrada que leva a Ponte Valga. O edificio é de pedra con zonas dun andar e zonas de dous. Dentro da finca hai outras edificacións como alpendres, hórreo, pombal e capela. Ten un portal de acceso realizado en cantaría, con elementos ameados e unha pequena cruz. Existen interesantes especies arbóreas de gran porte.
O pazo é propiedade do marqués Eduardo Neyra Villar. A familia dos Neyra garda unha estreita vinculación co afamado restaurante compostelán El Asesino, aberto no 1873.
Referencias
PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
Protección
PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AC-409)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.685750, -8.630761
Máis elementos do catálogo
Arquitectura civil
Casa de Pérez
Valga, Santa Comba de Cordeiro
Arquitectura civil
Escola de Campaña
Valga, Santa Cristina de Campaña
Arquitectura civil
Escola de Ponte Valga
Valga, San Miguel de Valga