Saltar ao contido principal

Escola de Ponte Valga

Escola de Ponte Valga - Valga - San Miguel de Valga
Imaxe: La Noche (1958)
Outras denominacións
Escola Vicente Cousiño
Tipoloxía
Arquitectura civil
Lugar
Ponte Valga
Concello
Valga

Ademais de escolas infantís, esta edificación albergou durante moitos anos a Casa do Concello de Valga. Na actualidade ten un uso administrativo.

As escolas unitarias eran as existentes no rural galego hai varias décadas, mostra da vida propia das parroquias, que entón eran as máis importantes social e administrativamente. As parroquias foron, pouco a pouco, sendo desposadas da súa organización e estrutura, cando os mestres deixaron de vivir na mesma parroquia, os curas escasearon, e as escolas pasaron a ser grupos escolares xeralmente na capitalidade do concello para optimizar os recursos e estruturar a formación dos alumnos.

Mantivéronse determinadas escolas unitarias, ben para educación preescolar, ben porque a entidade do núcleo permitía ou esixía esa individualidade, mais foron desaparecendo pola diminución da matrícula ao reducirse a poboación. En Valga manteñen a actividade educativa as escolas unitarias de Ferreirós, Xanza, Campaña, Chenlo, Forno e Vilarello. A Escola de Ponte Valga perdeu dita actividade fai anos.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Protección

Non

Coordenadas (WGS84)

42.700084, -8.649447

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo