- Tipoloxía
- Arqueoloxía
- Cronoloxía
- Idade Media
- Lugar
- Torre
- Parroquia
- Santa Comba de Cordeiro
- Concello
- Valga
Na elaboración do catálogo do PXOM do Concello de Valga, localizouse este topónimo do núcleo de poboación A Torre. Fíxose unha inspección ao lugar, non atopando evidencias construtivas que permitisen identificar un elemento de tipo defensivo. Sen embargo, si se localizou, na parte final do núcleo rural (extremo leste), unha pequena elevación con afloramentos rochosos a ras de chan, que resultaría idónea para o emprazamento dunha estrutura defensiva tipo torre.
Referencias
PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
Protección
PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-06: GA36056-TOP002)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.701761, -8.687697
Máis elementos do catálogo
Arqueoloxía
Mosteiro de San Paio
Valga, San Miguel de Valga
Arqueoloxía
Suatorre
Valga, San Salvador de Setecoros
Arqueoloxía
Santa Comba
Valga, Santa María de Xanza