Saltar ao contido principal

Santa Comba

Santa Comba - Valga - Santa María de Xanza
Tipoloxía
Arqueoloxía
Lugar
Senín
Concello
Valga

Na a elaboración do catálogo do PXOM do Concello de Valga, localizouse o haxiotopónimo Santa Comba, detectado durante a revisión das listaxes catastrais actuais, sendo confirmado na propia zona.

O lugar atópase moi alterado, posto que a súa maior parte está ocupado por vivendas e pistas, sen terse recollido, durante as enquisas orais realizadas, ningunha referencia a lendas ou posible existencia de vestixios antigos. Os veciños preguntados non puideron tampouco explicar a orixe do topónimo.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Protección

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-34: GA36056-TOP010)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.688389, -8.653533

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo