- Tipoloxía
- Arqueoloxía
- Lugar
- Martores
- Parroquia
- San Miguel de Valga
- Concello
- Valga
Na a elaboración do catálogo do PXOM do Concello de Valga, localizouse o haxiotopónimo Santa Comba, detectado durante a revisión das listaxes catastrais actuais, coincidindo o seu emprazamento nun punto axeitado que puidera existir nela unha antiga capela.
Trátase dunha moi suave elevación emprazada na parte final dunha ladeira que, con atenuada pendente, cae en dirección oeste cara o curso do río Valga. A pouco máis de 300 metros car o sur-suroeste, atópase a Capela dos Martores. Sen embargo, non se observou na zona indicio arqueolóxico algún, mentres que as enquisas orais practicadas tampouco aportaron referencias a lendas ou existencia de restos nesta zona.
Referencias
PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
Protección
PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-18: GA36056-TOP008)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.691934, -8.612868
Máis elementos do catálogo
Arqueoloxía
Agro do Castro
Valga, Santa Comba de Cordeiro
Arqueoloxía
Eira dos Mouros
Valga, San Salvador de Setecoros
Arqueoloxía
Castelo da Medela
Valga, San Miguel de Valga