- Tipoloxía
- Arqueoloxía
- Lugar
- Carracido
- Parroquia
- Santa Comba de Cordeiro
- Concello
- Valga
Localizouse durante a revisión da microtoponimia catastral para a elaboración do catálogo do PXOM do Concello de Valga, sendo posteriormente inspeccionada a zona no traballo de campo. Trátase dunha paraxe inmediata ao paso da vía do ferrocarril Pontevedra-Santiago, que actualmente permanece inculta na súa maior parte.
Durante os traballos de prospección non se detectou evidencia algunha que presentase claros signos arqueolóxicos, nin estruturas significativas na zona e outeiros próximos, nin tampouco se localizaron restos materiais na superficie das escasas fincas aradas existentes. Enquisados varios veciños do lugar de Carracido, non se recolleu referencia algunha sobre folclore asociado, nin sobre a posible aparición de restos nesta zona.
Referencias
PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
Protección
PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-27: GA36056-TOP001)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.704211, -8.700800
Máis elementos do catálogo
Arqueoloxía
Vía militar romana Número XIX
Valga, Santa María de Xanza
Arqueoloxía
Suatorre
Valga, San Salvador de Setecoros
Arqueoloxía
Santa Comba
Valga, Santa María de Xanza