Saltar ao contido principal

Petróglifo Nº 2 dos Penoucos do Campo Redondo

Petróglifo Nº 2 dos Penoucos do Campo Redondo - Valga - San Miguel de Valga
Imaxe: Manuel
Outras denominacións
Pedra da Serpe Nº 2, Eira dos Mouros ou Chan da Lagoa
Tipoloxía
Arqueoloxía
Cronoloxía
Idade do Bronce
Lugar
Campo Redondo
Concello
Valga

Na zona máis alta do Outeiro dos Penoucos de Campo Redondo, xa no límite con Pontecesures, localízase unha rocha de considerables dimensións, na que se atopa unha concentración de cazoletas (20 coviñas) e un posible círculo simple. A rocha ten unha forma tirando a rectangular, coa superficie chaira e con lixeira inclinación cara o sur-suroeste. Na parte superior aparecen as cazoletas, que non semellan formar motivo definido algún. Este petróglifo emprázase a menos de 200 metros da Pedra da Serpe.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Patrimonio Galego

Protección

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-25: GA36056015)

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.704668, -8.617138

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo