Saltar ao contido principal

Camiño Portugués

Camiño Portugués - Valga
Imaxe: Inês Palmela
Tipoloxía
Arqueoloxía
Concello
Valga

O Camiño Portugués a Santiago discorre polas parroquias de Setecoros (Cernadas, Casal do Eirigo, O Pino), Xanza e Valga (Chenlo, San Miguel, A Pedreira, Cimadevila, Fontenlo e Cedelo). A autoestrada AP-9 desvirtuou o seu trazado orixinal e hoxe en día discorre en paralelo á mesma, sendo atravesado atravesado por esta en Casal de Eirigo. Os fitos deste treito serían o núcleo de Casal de Eirigo, o río Valga cos muíños asociados, e o conxunto de igrexa parroquial e casa reitoral de San Miguel.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Protección

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (CS-01)

Lei 3/1996, do 10 de maio, de protección dos camiños de Santiago

Coordenadas (WGS84)

42.687259, -8.637747

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo