- Tipoloxía
- Arqueoloxía
- Cronoloxía
- Neolítico-Idade do Bronce
- Lugar
- A Trema
- Parroquia
- Santa Comba de Cordeiro
- Concello
- Valga
Localizada durante un traballo específico nesta zona, segundo descrición dos autores da intervención mencionada, a mámoa tería unha altura de 1 metro e unhas dimensións cifradas en 24 metros de diámetro, con buraco de violación central de 4 metros de diámetro e 40 centímetros de profundidade.
Na superficie da masa tumular que conforma a mámoa, poden apreciarse abundantes pedras de granito, de tamaño pequeno e mediano, e que poderían corresponder con restos dunha coiraza pétrea. Non se observan indicios de cámara.
Referencias
PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
Protección
PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-35: GA36056018)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.686880, -8.687457
Máis elementos do catálogo
Arqueoloxía
Castrove
Valga, Santa Comba de Cordeiro
Arqueoloxía
Xacemento romano do Gandarón
Valga, San Salvador de Setecoros
Arqueoloxía
Túmulo Nº 1 da Pedra do Viño
Valga, San Miguel de Valga