- Outras denominacións
- O Foxo ou Camiño Real
- Tipoloxía
- Arqueoloxía
- Lugar
- Casanova
- Parroquia
- Santa Comba de Cordeiro
- Concello
- Valga
Localizouse durante o baleirado catastral para a elaboración do catálogo do PXOM do Concello de Valga, sendo revisada a zona sen documentarse evidencia arqueolóxica algunha. A pesares dos dous topónimos Castro e Foxo, e da confirmación sobre a existencia dun tramo do Camiño Real (hoxe asfaltado), non é posible verificar ningún indicio de índole arqueolóxica. Debe recoñecerse que toda a superficie se atopa moi modificada, debido á rede viaria, vivendas e presenza dunha importante área ocupada por naves industriais.
Referencias
PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
Protección
PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-28: GA36056-TOP003)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.703908, -8.675074
Máis elementos do catálogo
Arqueoloxía
Túmulo dos Martores
Valga, San Miguel de Valga
Arqueoloxía
San Xurxo
Valga, San Salvador de Setecoros
Arqueoloxía
Xacemento romano do Gandarón
Valga, San Salvador de Setecoros