- Outras denominacións
- Castro de Valga
- Tipoloxía
- Arqueoloxía
- Cronoloxía
- Idade do Ferro
- Lugar
- Vilares
- Parroquia
- San Miguel de Valga
- Concello
- Valga
Situado a unha altitude de 275 metros, dominando unha valgada atravesada polo río Valga e rodeada polo Monte Lagoa ao norte, Outeiro da Trigueira ao sur e o Monte Outeiro da Carballeira ao leste. O xacemento, bastante alterado nos sectores oeste e sur, está composto por un recinto central, bordeado por parapeto e terraplén, ao que seguen unha primeira liña de foxo, potente contrafoxo, e rematando cun segundo foxo, moito máis profundo que o primeiro. O sistema defensivo consérvase sobre todo na metade norte do castro, desaparecendo na metade meridional, debido ás construcións do núcleo rural de Os Vilares.
O recinto central presenta unha forma aproximadamente elíptica, co eixo maior en sentido leste-oeste, estando pechado, cara o interior, por un parapeto, o cal conserva unha altura de entre 1 e 2 metros, cunha maior altitude no sector leste-noroeste. Cara a parte externa, este parapeto deriva nun pronunciado terraplén, que chega até os 4 metros de altura no sector norte e noroeste.
Todo este conxunto está rodeado por un primeiro foxo, bastante colmatado ou de escasa profundidade, e que se conserva en toda a metade norte. Esta primeira liña defensiva ven seguida por un contundente contrafoxo, a modo de muralla térrea, o cal bordea todo o castro na zona menos alterada (nordeste, norte e oeste-noroeste), observándose a continuación unha segunda liña de foxo, profunda e encaixada (aproximadamente uns 4 metros de altura e uns 3 metros de anchura na parte inferior), a cal mantén a mesma liña e conservación que o contrafoxo. Este sistema defensivo vai seguindo a liña marcada pola forma do recinto central, agás na parte nordeste, onde se abre e ensancha, creando un espazo que podería corresponder á entrada orixinal ao recinto.
Referencias
PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
Protección
PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-23: GA36056005)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.698419, -8.612512
Máis elementos do catálogo
Arqueoloxía
A Torre
Valga, Santa Comba de Cordeiro
Arqueoloxía
Ruta Xacobea do Mar de Arousa
Valga, Santa Comba de Cordeiro
Arqueoloxía
Ruta do Pai Sarmiento
Valga, Santa Comba de Cordeiro