Saltar ao contido principal

Castelo

Castelo - Valga - San Salvador de Setecoros
Tipoloxía
Arqueoloxía
Cronoloxía
Idade Media
Lugar
Vilariño
Concello
Valga

O topónimo Castelo aparece en planimetría recente, situándose no límite entre Valga e A Estrada, e moi próximo ao linde destes dous concellos con Cuntis. Sen embargo, en inspección realizada para a elaboración do catálogo do PXOM do Concello de Valga, non ofreceu resultado positivo algún, ao non terse localizado indicios estruturais claros en ningunha das zonas revisadas.

Cabe destacar, sen embargo, as escasas posibilidades de prospección que ofrece actualmente esta superficie, na súa maior parte en estado de abandono, con abundante e mesta vexetación de monte baixo, ou ben dedicada a repoboación forestal.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Protección

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-32: GA36056-TOP007)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.679018, -8.602106

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo