- Tipoloxía
- Obra civil
- Lugar
- Rial
- Parroquia
- Santa María de Leiro
- Concello
- Rianxo
Ponte que se atopa no camiño que vai para o Porto de Leiro, xa na desembocadura do chamado río do Mar ou rego de Rial, xunto ao Muíño de Lodeiros. Estrutura alintelada de tres vans, realizada con pezas de cantaría e piso de rasante horizontal de lousas de granito. Pretil composto por tres pezas enteiras de granito, con pequenas aberturas centrais.
Trátase dunha delicada obra de cantaría, onde a lóxica é o coñecemento do medio resultan evidentes. Os piares teñen a forma arredondada por un extremo, o que se enfronta á corrente, e cadrada polo outro. Con isto conséguese que haxa unha menor resistencia ao río e, aínda máis, unha menor acumulación de restos de árbores traídos pola auga. En previsión de cheas, as lousas dos peitorís teñen uns buratos cadrados por onde escorregar a auga.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (O-002)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.653300, -8.769654
Máis elementos do catálogo
Obra civil
Peirao de Setefogas
Rianxo, Santa Comba de Rianxo
Obra civil
Ponte da Ermida
Rianxo, Santa Baia do Araño
Obra civil
Pombal de Chorente
Rianxo, San Salvador de Taragoña