- Tipoloxía
- Obra civil
- Cronoloxía
- Século XIX
- Lugar
- A Ribeira
- Parroquia
- Santa Comba de Rianxo
- Concello
- Rianxo
É o peirao máis antigo do concello, data de mediados do século XIX, aínda que a traza actual é de comezos do XX. Foi en 1903 cando se lle adxudicaron as obras da súa reparación e ampliación a Ramón Fernández García, de Cespón, pai do que será un grande amigo de Castelao, compañeiro na Facultade de Medicina e na tuna de Santiago: Ramón Fernández Mato. Foi el o encargado de presentar a Castelao e a Eduardo Dieste, en 1911, nunhas conferencias de arte celebradas en Santiago e Vigo.
En política foron por camiños distintos, mentres Castelao seguiu co compromiso galeguista até as últimas consecuencias, Fernández Mato non tiña as ideas tan claras. En principio era de Portela Valladares, e dirixiu o seu periódico El Pueblo Gallego en Vigo. Despois foi seguidor de Casares Quiroga, que o nomeou gobernador civil de Ciudad Real e Jaén; e tamén foi director xeral de Seguridade. Cando comezou a Guerra Civil do 36, foi perseguido por ambos os bandos. Tanto os franquistas coma os republicanos pedían a súa cabeza. Ao final, os dous excompañeiros víronse obrigados a escoller o camiño do exilio, como un mal menor. Mato regresou a Galicia nos anos sesenta, asentouse en Vilagarcía de Arousa e deixouse querer polo franquismo.
Sobra a orixe do nome, segundo @echeoqhai, hai dúas versións. Unha que aquí morreron sete afogados e outra que o peirao é por se te afogas. Canto a etimoloxía, é incerta, e máis se pensamos que Sarmiento o escribiu como Setefogás, que levou a pensar nun lugar formado por Sete Fogos/fogares.
Referencias
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Censo do Patrimonio Marítimo Inmoble de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.654146, -8.818333
Máis elementos do catálogo
Obra civil
Porto de Rañó
Rianxo, Santa María de Leiro
Obra civil
Pombal de Asadelos
Rianxo, Santa María de Asados
Obra civil
Pombal de Chorente
Rianxo, San Salvador de Taragoña