- Outras denominacións
- Rampla da Rabaleira
- Tipoloxía
- Obra civil
- Cronoloxía
- 1930
- Lugar
- A Ribeira
- Parroquia
- Santa Comba de Rianxo
- Concello
- Rianxo
Situado no Paseo da Ribeira e na contorna do porto de Rianxo. O ben ten unha composición en forma de T, de forma que as dúas plataformas actúan como espazos de amarre para distintas embarcacións. Nos extremos da plataforma perpendicular dispóñense escaleiras de acceso ao nivel da auga. Na construción do ben se distinguen dous sistemas construtivos diferenciados que reflicten a ampliación do embarcadoiro: Pezas de pedra distinto formato na parte orixinal da rampla e bloques de formigón de gran formato na ampliación.
É o segundo peirao mais antigo do Concello, despois do de Setefogas. As ansias da veciñanza mariñeira por acadar un peirao axeitado ás súas necesidades non chegaron ao constituírse a Segunda República. Ata eses momentos todas as intencións foran inútiles e os logros tan só se limitaran a pequenos arranxos dos existentes. As obras eran interminables por falta de recursos. Non foi ata agosto de 1930 que a actividade de recheo e empedrado da Rabaleira comezou para solucionar os problemas que existían durante o inverno, no que o mar destruíra o construído, e para que servira de embarcadoiro nas mareas baixas.
Referencias
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Censo do Patrimonio Marítimo Inmoble de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.651949, -8.820140
Máis elementos do catálogo
Obra civil
Pombal da Casa Nº 3 de Sestelo
Rianxo, Santa María de Isorna
Obra civil
Peirao de Setefogas
Rianxo, Santa Comba de Rianxo
Obra civil
Dique de Baltar
Rianxo, Santa Comba de Rianxo