Saltar ao contido principal

Casetas de pescadores de Leiro

Casetas de pescadores de Leiro - Rianxo - Santa María de Leiro
Imaxe: Censo do Patrimonio Marítimo Inmoble de Galicia
Tipoloxía
Obra civil
Lugar
Rañó
Concello
Rianxo

Atópanse na ribeira de Leiro, sobre a Punta da Arnela. Trátase dun conxunto formado por unha ducia de casetas de pescadores exentas ou agrupadas en ringleira. Están construídas mediante muros de carga de cachotaría de pedra e cuberta de tella por unha banda, e por muros de bloque de formigón e cuberta de fibrocemento pola outra banda. Servían para almacenar aparellos e ferramentas de pesca, así como de refuxio ocasional.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Censo do Patrimonio Marítimo Inmoble de Galicia

Protección

Censo do Patrimonio Marítimo Inmoble de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.645339, -8.774353

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo