Saltar ao contido principal

Cruz do Castro Barbudo

Cruz do Castro Barbudo - Rianxo - San Salvador de Taragoña
Cronoloxía
1906
Lugar
Ourille
Concello
Rianxo

Cruz situada nos arredores do Castro Barbudo en memoria a "niño Juan Iglesias, 1906", tal e como se pode ler na súa inscrición. Segundo a veciñanza de Taragoña, algunhas persoas falan de que se trataba dun neno pastor, outras indican que podería tratarse dun neno que traballaba na canteira que alí se emprazaba. Sexa como for, a causa da morte foi unha chispa eléctrica (raio), segundo a prensa da época "Nova Galicia: revista semanal, órgano dos gallegos é pr'os gallegos n'as Amérecas Año IV Número 161 - 1906 diciembre 16".

Este elemento foi visitado durante unha das actividades do Laboratorio Ecosocial do Barbanza o 27 de outubro de 2024. 

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Fousas ao monte

Protección

Non

Coordenadas (WGS84)

42.698362, -8.820146

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo