Saltar ao contido principal

Cruceiro das Neves de Ourolo

Cruceiro das Neves de Ourolo - Rianxo - San Salvador de Taragoña
Imaxe: Xilgaro Soutariz
Cronoloxía
Século XVII
Lugar
Ourolo
Concello
Rianxo

Cruceiro de granito situado nun cruce de camiños rurais, baixo a estrada principal, da tipoloxía de capeliña.

Plataforma enterrada, o varal ten sección cadrada coas arestas rematadas en chafrán. Na súa parte inferior hai gravadas varias cruces e tamén un cáliz. A capela nace sobre unha base troncopiramidal na que aparece o relevo dun anxo con ás nas catro caras. Posúe unha cuberta a catro augas e o teitume plano. No seu interior podemos ver a imaxe da Nosa Señora das Neves co Neno collido polo brazo esquerdo. No brazo dereito colle unha bola. O conxunto remata nunha cruz, de sección cadrada con remates nos vértices, na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado (ao que lle falta a cara) no anverso e a Virxe das Angustias co seu fillo no colo no reverso.

Non se sabe como é o nacente do cruceiro debido a que se atopa cuberto de terra. Durante varios séculos tivo un farol, hoxe desaparecido. Pode situarse na primeira metade do século XVII. Cando o debuxou Castelao a imaxe estaba virada para un lado, o que indica que nesta época aínda as mulleres practicaban o vello costume de colocala cara a onde conviñese, segundo a dirección que trouxese ou levase a embarcación onde ía o marido, o mozo, os irmáns...

Segundo os que viven a carón, cando se asfaltou o camiño (non hai aínda moitos anos), unha máquina petou contra el, mais non chegou derrubalo.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Patrimonio Galego

Cruceiros de Galicia

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-094)

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.680125, -8.831335

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo