Saltar ao contido principal

Serradoiro da Fontaíña

Serradoiro da Fontaíña - Rianxo - Santa María de Isorna
Imaxe: Censo do Patrimonio Marítimo Inmoble de Galicia
Cronoloxía
Século XX
Lugar
Quintáns
Concello
Rianxo

Situada na beira do río Ulla no seu paso por Quintáns. O ben componse dunha edificación de planta rectangular e o muro en contacto coa auga con forma de peirao. O edificio conta cunha estrutura de muros de cachotaría e cuberta a dúas augas de chapa, incluíndo pequenas construcións anexas de formigón armado. O muro, está integramente construído con pedra de gran formato formando unha forma de “T” xerando un peirao que penetra no río. Ambas construcións presentan pequenas deficiencias polo aparente estado de abandono no que se atopan.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Censo do Patrimonio Marítimo Inmoble de Galicia

Protección

Censo do Patrimonio Marítimo Inmoble de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.668434, -8.738113

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo