Saltar ao contido principal

Muíño dos Ruchas

Muíño dos Ruchas - Rianxo - Santa María de Asados
Outras denominacións
Muíño da Castiñeira
Lugar
A Castiñeiriña
Concello
Rianxo

Muíño situado na beira do río Té, ao oeste do lugar da Castiñeiriña. Tipoloxía propia destas edificacións, de planta rectangular con muros de pedra e cuberta inclinada de tella.

No río Té, houbo 55 muíños en funcionamento, no pasado século antes de vir a electricidade. A forma de propiedade máis común eran os muíños de herdeiros ou de parceiros. Estes pertencían a varios veciños, e moíase por quendas. Os muíños de maquía, pertencían a un so propietario. Normalmente eran grandes e servían tamén como vivenda do muiñeiro e da súa familia. O muiñeiro cobraba unha parte da fariña, a maquía, que era proporcional á cantidade moída.

Arredor dos muíños desenvolveuse un rico folclore e cultura popular: ditos, refráns, contos e cantigas.... que teñen como protagonistas as xornadas que se pasaban no muíño, xa que eran lugares de conversa e socialización mentres se agardaba a que rematase de moer. Incluso o baile máis típico de Galicia, a muiñeira, ten a súa orixe nos tempos de espera no muíño.

Eu caseime no Araño,

pensando que había pan.

O forno de miña sogra,

cría silvas no verán.

---

Fun ao muíño con Paula,

fun ao muíño con ela.

Ela durmiu nos meus brazos

eu durmín nos brazos dela.

---

O muíño de meu pai,

non é muíño, é convento.

Os casados para fóra,

os solteiros para dentro

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Roteiro Ambiental polo río Té (paneis informativos)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (M-023)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.686998, -8.785008

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo