- Outras denominacións
- Muíño da Ponte Abeixón
- Tipoloxía
- Arquitectura da auga
- Lugar
- As Miráns
- Parroquia
- Santa Baia do Araño
- Concello
- Rianxo
Muíño situado na beira do río Té, ao nordeste do núcleo das Miráns. Tipoloxía propia destas edificacións, de planta rectangular con muros de pedra e cuberta inclinada de tella.
No río Té, houbo 55 muíños en funcionamento, no pasado século antes de vir a electricidade. A forma de propiedade máis común eran os muíños de herdeiros ou de parceiros. Estes pertencían a varios veciños, e moíase por quendas. Os muíños de maquía, pertencían a un so propietario. Normalmente eran grandes e servían tamén como vivenda do muiñeiro e da súa familia. O muiñeiro cobraba unha parte da fariña, a maquía, que era proporcional á cantidade moída.
Arredor dos muíños desenvolveuse un rico folclore e cultura popular: ditos, refráns, contos e cantigas.... que teñen como protagonistas as xornadas que se pasaban no muíño, xa que eran lugares de conversa e socialización mentres se agardaba a que rematase de moer. Incluso o baile máis típico de Galicia, a muiñeira, ten a súa orixe nos tempos de espera no muíño.
Eu caseime no Araño,
pensando que había pan.
O forno de miña sogra,
cría silvas no verán.
---
Fun ao muíño con Paula,
fun ao muíño con ela.
Ela durmiu nos meus brazos
eu durmín nos brazos dela.
---
O muíño de meu pai,
non é muíño, é convento.
Os casados para fóra,
os solteiros para dentro
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Roteiro Ambiental polo río Té (paneis informativos)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (M-003)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.693757, -8.780034
Máis elementos do catálogo
Arquitectura da auga
Fonte e lavadoiro de Rial
Rianxo, Santa María de Leiro
Arquitectura da auga
Fonte e desalgadoiro do Pazo dos Calotes
Rianxo, Santa Baia do Araño
Arquitectura da auga
Fonte e lavadoiro de Rinlo
Rianxo, Santa Comba de Rianxo