- Tipoloxía
- Arquitectura da auga
- Cronoloxía
- 1852
- Lugar
- Os Xufreus
- Parroquia
- Santa Baia do Araño
- Concello
- Rianxo
Conxunto de lavadoiro e fonte situados nun extremo da praza central fronte á Escola de Buía. Fonte de cantaría de granito, composta por un volume prismático inferior onde se sitúa o cano e un volume de remate en arco de medio punto coa data de construción da fonte (1852). Pía a rentes do chan e un pequeno mesado semicircular sobre un pé de granito acaroado a un lateral. Lavadoiro de planta rectangular con muro perimetral de cachotaría de granito e pedras de lavar de recente construción nun dos lados maiores.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (L-004)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.702511, -8.778077
Máis elementos do catálogo
Arquitectura da auga
Fonte e lavadoiro do rego de Bacelo
Rianxo, Santa María de Isorna
Arquitectura da auga
Fonte da Marquesa
Rianxo, Santa María de Asados
Arquitectura da auga
Muíño do Salto
Rianxo, Santa Baia do Araño