Saltar ao contido principal

Fonte e lavadoiro do rego de Bacelo

Fonte e lavadoiro do rego de Bacelo - Rianxo - Santa María de Isorna
Imaxe: Xilgaro Soutariz
Outras denominacións
Lavadoiro Pequeno da Vacariza ou da Aldea de Abaixo
Lugar
A Vacariza
Concello
Rianxo

Conxunto de lavadoiro e fonte situados á beira do rego dos Campelos ou rego de Bacelo, entre os dous centros do lugar da Vacariza. Fonte de cantaría de granito, composta por un volume prismático inferior onde se sitúa o cano e un volume de remate en arco de medio punto. Pía a rentes do chan e un pequeno mesado semicircular sobre un pé de granito acaroado a un lateral. Lavadoiro de planta rectangular delimitado por un muro perimetral de formigón, con cuberta a dúas augas de tella de recente construción.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (L-018)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.684906, -8.734926

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo