- Tipoloxía
- Arquitectura da auga
- Cronoloxía
- 1962
- Lugar
- O Vilar
- Parroquia
- Santa Baia do Araño
- Concello
- Rianxo
Conxunto de lavadoiro e fonte situados á beira do camiño que bordea o lugar do Vilar. A fonte está empotrada nun pequeno muro de cachotaría, formada por un volume prismático inferior onde se sitúa o cano e un volume de remate en arco de medio punto coa data de construción da fonte (1962). Pía rectangular a rentes do chan e un pequeno mesado semicircular sobre un pé de granito nun lateral. A canle até o lavadoiro sitúase baixo un paso de acceso a unha finca. Lavadoiro de planta rectangular de granito e pedras de lavar nun extremo. O conxunto atópase ao preto do Cruceiro de Vistas.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (L-003)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.724209, -8.778960
Máis elementos do catálogo
Arquitectura da auga
Muíño da Marquesa
Rianxo, Santa María de Asados
Arquitectura da auga
Fonte e lavadoiro de Rial
Rianxo, Santa María de Asados
Arquitectura da auga
Fonte do Laxido
Rianxo, Santa María de Asados