- Tipoloxía
- Arquitectura da auga
- Cronoloxía
- 1928
- Lugar
- Somoza
- Parroquia
- Santa María de Asados
- Concello
- Rianxo
Conxunto de grande entidade situado á entrada do lugar de Somoza, fronte ao Cruceiro do Rial. Está formado por unha fonte e lavadoiro con acceso desde a rúa mediante uns escaleiras de granito e un segundo lavadoiro de maiores dimensións e planta circular, situado a un nivel inferior. Lavadoiro de planta rectangular acaroado ao muro de contención da estrada con catro pedras de lavar no lateral libre. Fonte de dous canos formada por un volume prismático de granito nun extremo do lavadoiro. Segundo lavadoiro de planta circular, delimitado por un murete de cachotes de granito e abastecido desde unha canle central situada sobre o muro que o separa da fonte e lavadoiro do nivel superior.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (L-012)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.670089, -8.784545
Máis elementos do catálogo
Arquitectura da auga
Lavadoiro de Buía
Rianxo, Santa Baia do Araño
Arquitectura da auga
Muíños do río do Pazo
Rianxo, Santa Comba de Rianxo
Arquitectura da auga
Muíño eléctrico da Vacariza
Rianxo, Santa María de Isorna