Saltar ao contido principal

Casa de Rafael Dieste

Casa de Rafael Dieste - Rianxo - Santa Comba de Rianxo
Imaxe: Luís Miguel Bugallo Sánchez
Outras denominacións
Casa dos Dieste
Tipoloxía
Arquitectura civil
Cronoloxía
Século XVIII
Lugar
Rúa de Abaixo
Concello
Rianxo

Edificación do casco histórico de Rianxo. Casa natal de Rafael Dieste, do século XVIII e que desde o ano 2007 é propiedade do Concello de Rianxo.

Edificación en esquina con fachadas á rúa de Abaixo e ao Paseo da Ribeira, fronte á Casa de Encarnita. Construción de planta rectangular e dúas alturas realizada en cantaría e cachotaría revocada e enlucida, con cuberta a catro augas de tella. Fachada leste en cantaría, con dous accesos en planta baixa e dúas placas en homenaxe a Rafael Dieste, no andar superior. Accesos na fachada lateral e na fachada oeste, con galería no segundo andar.

Nos baixos da Casa dos Dieste, que mira cara á Ribeira, tiñan unha habitación á que lle chamaban o cuarto do medio. Alí é onde se xuntaba Eduardo Dieste cos amigos para ensaiar teatro, parodiando personaxes populares que frecuentaban a Ribeira. Era coma un laboratorio de ideas con apuntamentos de figuras e caretas da xente curiosa que pululaba pola vila. Parte destas probas experimentais foron condensadas no libro de Eduardo Dieste Buscón poeta y su teatro.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Patrimonio Galego

Roteiro Castelao

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (B-033)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.650918, -8.819191

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo