Saltar ao contido principal

Casa de Isorna

Casa de Isorna - Rianxo - Santa María de Isorna
Tipoloxía
Arquitectura civil
Lugar
Isorna
Concello
Rianxo

Conxunto de vivenda e anexos situados no extremo norte do lugar de Isorna, nunha finca de grandes dimensións, cun muro de peche perimetral realizado en cachotaría de granito. Edificación principal de planta rectangular e dous andares con cuberta a dúas augas de tella e muros de cachotaría de granito encintados con remates en cantaría na contorna dos ocos. Fachadas de composición sinxela con accesos en planta baixa e ocos rectangulares con carpintería de madeira enrasada. Edificación auxiliar en planta baixa acaroada ao muro de peche e disposta paralela á fachada principal da vivenda, xerando un pequeno patio xunto ao acceso dende a rúa. Ten un reloxo de sol.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Reloxos de sol de Galicia

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (B-072)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.669447, -8.751395

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo