- Tipoloxía
- Arquitectura civil
- Cronoloxía
- Século XX
- Lugar
- Campo de Arriba
- Parroquia
- Santa Comba de Rianxo
- Concello
- Rianxo
Alameda de principios do século XX, situada a un nivel superior sobre a rúa, delimitada por unha balaustrada de granito con acceso desde unha escalinata de pedra central. No extremo norte sitúase a Capela da Virxe da Guadalupe e no sur a Casa do Concello.
O que en Rianxo se coñece popularmente polo Campo está formado por dúas terrazas: a do Campo de Arriba e a do Campo de Abaixo. O Campo de Arriba non pasaba de ser un lugar ermo, que aproveitaban os mariñeiros para secar ou atar as redes. A Capela da Cruz, onde na actualidade se venera á Virxe de Guadalupe, marcaba a fronteira entre a vila, propiamente dita, e o barrio de Rinlo.
Entre 1900 e 1901 fíxose a primeira plantación e, pouco a pouco, foi cambiando a fisionomía do Campo, adornado tamén cunha artística fonte de pedra que botaba auga por catro canos. O conxunto arbóreo que viste ao longo os laterais do Campo de Arriba está formado por exemplares de plátanos de sombra (Platanus x hispanica), que actualmente contan con máis de cen anos. Estas árbores actúan como un elemento bioclimático que dá sombra ao camiñante, baixa a temperatura e crea un microclima.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (B-066)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.652488, -8.818097
Máis elementos do catálogo
Arquitectura civil
Pazo dos Torrado de Asadelos
Rianxo, Santa María de Asados
Arquitectura civil
Casa Nº 3 de Sestelo
Rianxo, Santa María de Isorna
Arquitectura civil
Casas de Rañó
Rianxo, Santa María de Leiro