- Tipoloxía
- Arqueoloxía
- Cronoloxía
- Idade do Bronce
- Lugar
- Espiñeira
- Parroquia
- Santa Comba de Rianxo
- Concello
- Rianxo
Grupo de gravados que se espallan por unha extensa zona das parroquias de Santa María de Leiro e Santa Comba de Rianxo, entre A Pedreira e A Devesa de Rianxiño, estendéndose cara ao noroeste até o curuto do Alto do Corniño. Os gravados máis salientables son:
- Un grupo de gravados non prehistóricos, probablemente feitos polos canteiros que traballaban aquela zona, e nos que se pode ler, entre outras marcas, o topónimo "Rianjo", o que fai pensar que poida ser unha marca da delimitación da parroquia.
- Escena de loita entre dous cabalos (ou cervos en período de caída da cornamenta).
- Unha posible escena de caza na que varios animais parecen fuxir en manda na mesma dirección, mentres outro queda atrás ferido e outros parecen mortos sobre o camiño.
- Outro enorme cervo de características moi similares aos grandes anteriores.
- Posible femia preñada.
- Cervo macho en actitude de bradar.
- Animal con aspecto de felino.
- Na rocha máis setentrional deste conxunto, unha colección de cuadrúpedes, outro felino e outro antropomorfo moi similar ao do Petróglifo Nº 1 do Mouchos.
Este conxunto está formado por catro laxes con gravados, a última das cales está na actualidade completamente cuberta de vexetación.
- Laxe 1: atópase moi alterada pola extracción de pedra. mide 6,90 metros (NL-SO) e 4,05 metros (NO-SL). Na parte norte apréciase un gran ovalo (2,80x1,80 metros) que contén diferentes motivos, entre os que destacan un gran puñal de antenas e unha grande cornamenta de cérvido. Noutras zonas da laxe vense cinco zoomorfos.
- Laxe 2: mide 2,50 metros (N-S) e 1,70 metros (L-O). O motivo consiste nun cuadrúpede de 30 centímetros.
- Laxe 3: mide 1,75 metros (N-S) e 1,70 metros (L-O). Apréciase un motivo consistente nun zoomorfo de 20 centímetros.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072028)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.656044, -8.796369
Máis elementos do catálogo
Arqueoloxía
Mámoa Nº 3 do Monte Picoto
Rianxo, Santa María de Asados
Arqueoloxía
Petróglifo Nº 1 de Brión
Rianxo, Santa María de Leiro
Arqueoloxía
Mámoa Nº 2 do Monte da Pena
Rianxo, Santa María de Leiro